viernes, 31 de mayo de 2024

COMO MEDRAN AS PLANTAS.

 Nada mellor para coñecer as necesidades das plantas que velo en directo.

Cun recipiente transparente, algodón, legumes e unhas gotiñas de auga podemos comprobar día a día a evolución do crecemento.

Todos os días saudamos as nosas plantiñas, vemos como comezan a saír as raíces e pouco a pouco o verde asoma e medra.

Botámoslle auga cando o necesitan e deixámolas tranquiliñas xunto a fiestra para que reciban a luz do sol ata que estén listas para levar para casiña.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CUBO DE CORES

 Como disfrutamos deste cubo!  Basada no conto de "Colores" de Hervé Tullet,  esta instalación,  chea de diferentes actividades e ...