viernes, 21 de junio de 2024

AUGA DE CORES

O eixe central da nosa nova programación é o libro "Colores" do autor e ilustrador francés Hervé Tullet.
Neste libro un punto gris da partida a un montón de xogos de cores e así vai ser esta programación,  chea xogos de cores e luz.
Unha das actividades máis divertidas e sorprendentes é a de facer botellas de auga de cores que despois utilizaremos en outras actividades.
A actividade é moi, moi sinxela: unha botella baleira que enchemos de auga, un trociño de papel crepé que metemos dentro da botella e a sacudir! Cando vemos como a auga se comeza a tinguir a sorpresa e a alegría son maiúsculas.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROVOCACIÓN DE NADAL

 Fai uns días atopamos no cuberto a nosa tradicional provocación pedagóxica de Nadal. Cunha presentación moi vistosa e colorida puidemos xog...