miércoles, 31 de julio de 2024

REMATE DO CURSO PINTANDO CON AUGA

 Xa está aquí o último curso deste curso. 

Nestes últimos días aproveitamos que o bo tempo nos acompañou para facer actividades diferentes.

Aqui vos deixamos unha das ultimas que foi todo un éxito! Con pinceis e rodillos pintamos a entrada do cole cunha pintura moi especial...auga! 

Tivemos que encher o cubo varias veces porque non queríamos deixar de pintar.

Esperamos que pasedes un moi bó verán!  Vémonos na volta familias!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


lunes, 29 de julio de 2024

"SUBEN Y BAJAN LAS OLAS"

Entre os xogos que facemos na aula este é un dos nosos favoritos. O paracaídas sempre é divertido.
Nesta ocasión usamos tamén a canción  "las olas del mar" para seguir os movementos que indica: arriba, abaixo, a un lado, o outro, adiante e atrás.
Tamén usamos unha pelotiña que fixemos bailar anriba do paracaídas.
Fixemos ondear o paracaídas todo o que puidemos. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


martes, 23 de julio de 2024

A PRAIA

Chegou o calor e nós temos unhas ganas enormes de disfrutar da praia e todo o que nos ofrece. Así que, mentres esperamos para poder ir, puidemos disfrutar dun pedaciño minúsculo de praia grazas a esta actividade.
Bandexas con area, pedras, cunchas e auga cristalina, pés descalzos e...a sentir! A area fina, as pedras duras, o relieve das cunchas e a temperatura refrescante da auga. 
Unha actividade sensorial que nos encantou!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe 

viernes, 12 de julio de 2024

PROVOCACIÓN CON PEZAS TRASLÚCIDAS.

Seguimos xogando na escuridade, esta vez, con unha provocación pedagóxica organizada con pezas traslúcidas. 

 Os xoguetes traslúcidos son pezas de diferemtes cores e formas que a luz traspasa creando efectos visuais únicos. 

Axudan a desenvolver habilidades sensoriais, cognitivas e motoras mentres exploran e xogan coa luz e as sombras estimulando, tamén, a curiosidade e a creatividade.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


viernes, 5 de julio de 2024

XOGAMOS NA ESCURIDADE

 Cando comezamos a programacion basada no conto de Hervé Tullet "Colores " pedimos as familias que cada neno e nena trouxera unha pequena lanterna para poder realizar actividades e propostas tan chulas coma esta.

Os xogos con lanterna, na escuridade, son ideais con nenos e nenas. Ofrecen unha motivación para explorar e descubrir o que nos rodea. Nesta ocasión as botellas con auga de cores e o espazo foron os elementos a investigar.

Primeiro usamos as lanternas para iluminar e poder observar todo, despois imos achegándonos e descubrindo que as botellas proxectan a cor no chan, nos teitos e nas paredes. Apilamos, xuntamos, movemos....

A nós a escuridade non nos da ningún medo!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


NOVO CURSO CARGADO DE ILUSIÓN!

 O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso. Comezamos cargados de ilusión...