miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAÍN 2024!

 Esta semana o Samaín chegou o noso cole!

Temos nas clases os nosos rinconciños decorados, facemos actividades divertidas relacionadas co Samaín e pouco a pouco imos coñecendo as festas tradicionais da nosa contorna cercana.

Bolsas sensoriais, un monstro feito cos nosos pés e convertirnos en fantasmas que dan sustos son algunas das actividades coas que o pasamos pipa esta semana.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 25 de octubre de 2024

AS FOLLAS DO OUTONO

 Coa chegada do outono temos moitos elementos naturais cos que podemos xogar, explorar, manipular...

Un dos que máis nos gustan son as follas das árbores. Normalmente acostumamos a velas polas rúas, tiradas no chan,  pero  o outro día o noso esquío favorito sorprendeunos cunha bolsa chea de follas do outono. 

Puidemos ver, tocar, ulir, lanzar, poñer en distintas partes do corpo pero, sobre ttodo, o que fixemos foi XOGAR!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



domingo, 20 de octubre de 2024

"¡EL OTOÑO YA ESTÁ AQUÍ!" E O ESQUÍO NIN.

Fai uns días que nas aulas de 1 ano temos un novo compañeiro de aventuras: o esquío Nin!  Este simpático esquío trouxo nas súas patiñas o conto  "¡El otoño ya está aquí!", de Albert Asensio, no que é protagonista.

Con este conto presentamos o outono, unha estación chea de elementos naturais cos que imos a xogar, manipular, ulir...

Para comezar démoslle unha gran aperta a Nin! Todos os días o saudamos e facemos con ela a nosa asamblea. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 11 de octubre de 2024

CREANDO NOVOS LECTORES.

 Que importantes son os libros! 

Os primeiros encontros coa lectura deben ser positivos e realizados nunha contorna adecuada e tranquila.

Os nosos peques teñen periodos de atención cortos e con distraccións constantes polo que os contos e libros que se lles ofrecen deben ser curtos e atractivos.

Mediante a manipulación de libros traballamos a atención, a memoria, o vocabulario, valores e habilidades sociales entre outras moitas cousas.

Os contos son unha ferramenta fundamental no inicio da adquisición da linguaxe e por iso están presentes diariamente más nosas aulas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 4 de octubre de 2024

POMPAS RELAXANTES.

Cando necesitamos un momento de relax sempre nos funciona esta actividade. As pompas de xabón son algo que produce nos peques tranquilidade e alegría. 
As cores, o movemento e sobre todo... estoupalas!😂 Podemos pasar horas con elas!
Para ver máis fotos pinchada na imaxe. 


INSTALACIÓNS DO OUTONO

Mediante as instalacións pedagóxicas invitamos os nenos e nenas a observar, manipular, explorar, experimentar, mover, desfacer e facer, e mi...