lunes, 23 de diciembre de 2024
TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA
viernes, 20 de diciembre de 2024
PROVOCACIÓN DE NADAL
Fai uns días atopamos no cuberto a nosa tradicional provocación pedagóxica de Nadal.
Cunha presentación moi vistosa e colorida puidemos xogar con diferentes elementos de Nadal. O conxunto ofrecía estímulos visuais e táctiles con diferentes texturas como por ejemplo o espumillón, as bolas lisas ou con brillo, o gorro de Papá Noel suave, os sacos cunha tea máis áspera... Tamén ofrecía a posibilidade de facer trasvases ou simplemente encher e valeirar. E ademáis quedaba a posibilidade de usar a nosa imaxinación, posibilidade que, por suposto, usamos.
Cuando chegamos había unha imitación a unha árbore de Nadal, cando rematamos non quedaba rastro del, o que significa que gozamos moito con esta actividade.
miércoles, 18 de diciembre de 2024
A VISITA MÁIS ESPECIAL.
Onte tivemos unha visita máxica no cole. A súa maxestade, o Rei Mago de Oriente, Gapar acudiu as nosas aulas para traernos un pouquiño da maxia do Nadal.
Foi moi respetuoso cos nosos peques, esperou a unha distancia prudencial a que eles se achegasen e quedouse un ratiño con nós. E case todos se atreveron!
viernes, 13 de diciembre de 2024
UNHA ÁRBORE MOI ESPECIAL
Estamos en periodo de Nadal e para festexalo e decorar o cole fixemos entre as tres aulas unha árbore colgante que enchemos, coa axuda das familias, cuns adornos moi, moi especiais.
Durante estes días foron chegando os marabillosos adornos que fixeron en familia nas casas dos peques e más aulas pintamos uns círculos que despois se converteron nunha árbore. Ahora podemos disfrutar do resultado do noso traballo conxunto!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS, SODES MARABILLOSAS!
jueves, 5 de diciembre de 2024
MURAIS
Temos dous murais novos decorando a nosa aula.
O primeiro é un debuxo enorme do Polo Pepe co que rasgamos e pegamos papel ser a amarelos para facer as súas "plumas". O segundo é o mural dos animais da granxa co que repasamos vocabulario e sons dos animais e o que podemos acudir todas as veces que nos apeteza.
AS MIÑAS MANS
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...

-
Xa chegou de novo! A nosa Meca, coma sempre, ven mandona. Estes días viñemos ataviados con diferentes accesorios que causaron risas e sorpr...
-
O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Activi...
-
O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso. Comezamos cargados de ilusión...