jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ 2025

 Hoxe, xoves 30 de Xaneiro, festexamos o Día escolar da Non Violencia e da Paz.

Non entendemos aínda o concepto da Paz pero sí sabemos que os sorrisos se contaxian e que cando sorrimos estamos contentos e non pelexamos. 

Así que hoxe poñemos os nosos sorrisos máis bonitos para desexar que se acaben as pelexas e, como o que máis nos gusta é movernos, nada mellor que un baile a ritmo de "Sonríe" de Rosana. 

Feliz Día da Paz a todos!

Pinchade para ver.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA

 Sabemos que a eiruga necesita comer moito para medrar forte. Con moito tino imos recollendo os alimentos e meténdollos na boca e mentres o ...