viernes, 3 de enero de 2025

OS CATÁLOGOS DAN XOGO

 Estes días aproveitamos os diferentes catálogos que atopamos para crear actividades diferentes. Mediante a visualización destas revistas podemos traballar o vocabulario e tamén facer actividades que estimulen a imaxinación así como motivan a motricidade fina. 

Unha folla de catálogo pode convertirse nun sombreiro, unha manta ou tamén unha pelota, entre outras moitas cousas. E se rasgamos cos nosos dediños o papel podemos facer unha festa moi divertida chea de "papeluchos" que podemos lanzar e facer voar soprando. Despois recollemos con moito tino os trociños para volver a lanzalos, unha e otra vez.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PEZAS TRASLÚCIDAS E LANTERNAS DE CORES

 Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas.  Na primeira atopamos unha instalación de piezas trasl...