miércoles, 26 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025

 Xa chegou de novo! A nosa Meca, coma sempre, ven mandona. Estes días viñemos ataviados con diferentes accesorios que causaron risas e sorpresas nas nosas aulas. 

Cabeza, cara e zapatos foron protagonistas do luns, martes e mércores. Aquí tedes fotiños do que disfrutamos.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


viernes, 21 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 O próximo domingo, 23 de febreiro, festéxase o Día de Rosalía de Castro polo que hoxe, no cole, fixemos a nosa pequena homenaxe.

Mediante a súa foto coñecemos á escritora e un pouquiño da súa obra coa canción do poema "Has de cantar", do disco 'Rosalía pequeniña', coa que disfrutamos bailando.

Agora temos na clase a súa fotografía cun marco moi especial feito por nós.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




PROVOCACIÓN CON XEO

O outro día disfrutemos desta actividade chea de estímulos e posibilidades.
Unha caixa chea de cubos de xeo, pinzas, culleres e recipientes de metal e plástico  fixeron que pasáramos un moi bó rato sentindo o frío e o sonido do metal. 
Coller o xeo coa culler, pasalo a un bol, collelo de novo coa man... E así estivemos vendo como, pouco a pouco, en vez de xeo había auga!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


INSTALACIÓN INVERNAL

 Con esta sorpresa nos atopamos no cuberto!

Unha instalación con elementos invernais coa que o pasamos xenial. Diferentes cores, texturas e incluso temperaturas coas que investigamos e xogamos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 14 de febrero de 2025

DÍA DO AMOR!

 Hoxe, 14 de febreiro, é o Día dos Namorados e non podemos deixa de celebrar nunca o amor. Porque nós sentimos amor, e moito!

Como recordo fixemos uns corazóns e na aula contamos os contos "Papá dice" e "Adivina cuánto te quiero". Por ultimo, e xa para festexar, bailamos a canción "Eu teño alguén". 💖

Pasámolo xenial!

Feliz día do Amor!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 7 de febrero de 2025

CHEGOU A NEVE!

 Sempre que falamos do inverno falamos de frío e neve pero como poucas veces pode os ver neve decidimos facer nós a nosa propia neve. 

Hay varias formas de facela pero, se queredes probar, con bicarbonato (ou sal) e un chisco de auga fría sae unha neve moi convincente. O truco está en ir botando a auga sobre o bicarbonato ou sal despaciño para ir comprobando a textura. Unha vez que a colle a consistencia xa podemos xogar! 

A veces ocurre que a textura non lle gusta a algúns peques e só se atreven a tocar ou xogan pouco tempo pero se lles gusta poden pasar moitísimo tempo xogando e disfrutando desta actividade experimental e manipulativa.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


AS MIÑAS MANS

 Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación,  diferentes cancións, bolsas ...