viernes, 25 de abril de 2025

A SILUETA

 Unha das últimas actividades da nosa programación sobre o corpo consiste en facer unha silueta a tamaño real dun corpo. 

Para esta tarefa escollemos a un voluntario que se deita enriba dun papel seguido. Contorneamos o seu corpo e ó erguerse...Maxia! Temos un neno ou unha nena do noso tamaño debuxado.

O seguinte é sinalar na silueta as estremidades e onde deben ir as partes da cara e da cabeza, que debuxa a profe. E por último a parte máis divertida, con ceras de cores coloreamos e garabateamos sobre a silueta. 

Non nos cansamos de pintar e pintar, cambiando de cor cando nos apetecía.  E, por suposto,  expoñemola na nosa parede. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


miércoles, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro. 

Non existe nada que nos guste máis que un bó conto e, hoxe,  puidemos disfrutar de varios contacontos.

Primeiro subimos a biblioteca do centro. Quedamos abraiados con tódolos contos que alí atopamos e puidemos botar un vistazo a algún deles. Alí mesmo disfrutamos dos contos "Caperucita Roja" e "Lúa", un conto cantado pola profe Tania.

Despois a profe en prácticas Lucía tamén se animaron a contarnos un contiño, "Cocorico", e por último a profe Alexandra deleitounos cun conto en inglés "Hide-and-seek Pig".

Para recordar este día fixemos un marcapáxinas estampando as nosas mans e dedos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 11 de abril de 2025

OS MEUS PÉS

Quitar zapatos e calcetíns é un dos mellores pasatempos que coñecemos, por iso en canto as mestras quitaron os seus zapatos soubemos que esa semana ía ser diferente e divertida.
Todos os días deixamos os nosos pés o aire para experimentar sensacións e texturas diferentes.
Dende facer cóxegas con pinceis, ata pasar un camiño sensorial ou pisar pintura para facer unha obra de arte, entre outras actividades, fomos coñecendo un pouquiño máis desta parte do noso corpo que nos axuda a movernos con soltura por este mundo.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 4 de abril de 2025

AS MIÑAS MANS

 Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans.

Fixemos diferentes actividades como a observación,  diferentes cancións, bolsas sensoriais, pintura, unha caixa sorpresa con diferentes texturas...

E mediante o xogo imos facendo un mapa do noso corpo e fortalecendo coñecementos e habilidades mentras adquirimos outros novos. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


CIRCUÍTO

Coa eiruga sempre nos divertimos.  Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...