miércoles, 28 de mayo de 2025

ASÍ MEDRAN AS PLANTAS

 Dentro da nosa programación sobre a primavera temos esta actividade que se desenrola ó longo de moitos días.

Grazas as nosas familias, que sempre colaboran con nós, e que trouxeron vasiños de plástico transparente, fabas e lentellas puidemos levala a cabo.

Comezamos metendo un pouco de algodón  no noso vasiño. O seu tacto, as veces, non nos gusta pero conseguímolo igualmente.

Despois do algodón botamos no vasiño algunhas lentellas e dúas ou tres fabas e, para rematar, un pouquiño de auga. 

Poñemos os vasiños  diante da fiestra para que lles dé o soliño e despois toca esperar.

Día a día imos vendo como empezan a saír as raíces, medran, comeza a brotar algo verde e, cando nos damos conta, saen follas. E día a día botámoslles auga para que sigan medrando ata que as poidamos levar para casiña.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

 


viernes, 23 de mayo de 2025

PROVOCACIÓN PRIMAVERAL

En todas as nosas programacións podemos disfrutar dalgunha instalación ou algunha provocación pedagóxica. A primavera non ía ser a excepción. O seu colorido e o seu cheiro chegaron ata a nosa escola.

Mediante esta provocación chea de flores puidemos observar e xogar con diferentes flores e follas de plantas. Collimos, cheiramos, rachamos, enchemos.... pero, sobre todo, disfrutamos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 16 de mayo de 2025

FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 Mañán, 17 de maio, a nosa comunidade está de festa polo Día das Letras Galegas  Hoxe festexámolo no cole  con música tradicional galega.

Primeiro montamos a nosa propia pandeiretada. As pandeiretas resoaron nas nosas aulas! 

E despois, como recordo, pintamos unha pandeireta con ceras de cores mentras , de fondo, soaban muñeiras e pandeiretadas.

Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


RESCATAMOS BOLBORETAS.

 A eiruga come  tanto que acaba moi cansa e vaise a durmir. 

Cando esperta e sae da súa "casiña " xa non é unha pequena eiruga, é unha fermosa bolboreta que sae a voar.

Pero nalgún  momento queda atrapada xunto coas súas amigas. Enredadas en fíos,  cordeis e lá, non son capaces de voar así que temos que axudalas.

Pouquiño a pouco coas nosas mans imos desfacendo o emburullo para deixar libres a todas as bolboretas. 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 9 de mayo de 2025

EXPERIMENTO DA EIRUGA QUE MEDRA

 Xa estamos afeitos a ver a nosa eiruga comer pero nunca a vimos beber así que, o outro día, démoslle de beber a unhas pequeñas eiruga que apareceron na aula.

Quedamos abraiados cando vimos como crecían e se movían cando bebían!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 2 de mayo de 2025

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA

 Sabemos que a eiruga necesita comer moito para medrar forte.

Con moito tino imos recollendo os alimentos e meténdollos na boca e mentres o facemos imos traballando tamén o vocabulario de alimentos. 

Comeu mazá, peras, fresas, laranxas, sandía... e pensamos que quedou ben farta desta vez.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 





ASÍ MEDRAN AS PLANTAS

 Dentro da nosa programación sobre a primavera temos esta actividade que se desenrola ó longo de moitos días. Grazas as nosas familias, que ...