viernes, 27 de junio de 2025

CUBO DE CORES

 Como disfrutamos deste cubo! 

Basada no conto de "Colores" de Hervé Tullet,  esta instalación,  chea de diferentes actividades e cores, tívonos entretidos un bo rato. 

Como de costume nestas actividades, nada quedou no seu lugar e incluso a nosa imaxinación atopou actividades e xogos novos co material presentado.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 23 de junio de 2025

A NOITE MEIGA.

 Esta noite é a noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia. E para festexalo no cole seguimos unha das súas tradicións... saltar a cacharela!

Pasámolo xenial e, aínda que algúns tocamos o lume non nos queimamos!

Feliz noite de San Xoán! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 20 de junio de 2025

CREANDO AUGA DE CORES

 Esta é unha actividade que nos encanta. Ten todos os elementos que necesitamos para manternos atentos e expectantes.

Comezamos coa presentación de materiais: botellas baleiras, auga, papel crepé (pinocho) distintas cores.

De un en un imos poñendo un pouquiño de auga na botella, despois collimos un trociño de papel e metémolo pola boca da botella ata que cae na auga. O seguirte pasó, e o máis divertido de todos, é sacudir e mover a botella (xa tapada, por suposto)... e así sucede a maxia!

 A auga, que antes era transparente, agora ten a cor do papel que metimos na botella!

Con este pequeno experimento conseguimos un material moi chulo co que faremos distintas actividades e que a eles lles encanta xa quearticiparon, de forma activa, na súa "fabricación".

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 13 de junio de 2025

XOGANDO CON LANTERNAS

 Comezamos a nosa última programación deste curso collendo como punto de partida o conto "Colores" de Hervé Tullet. Un libro moi divertido, cheo de xogos que nos introduce no mundo das cores, da luz e da arte.

Para comezar a tomar contacto fixemos esta actividade sinxela pero divertida que nos axuda a introducir a escuridade e a ver cómo reaccionan os peques a ela. Nesta ocasión non houbo absolutamente ningún problema e as luces das lanternas movéndose polo espazo  fixeron desta unha experiencia enriquecedora e motivadora.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 6 de junio de 2025

CIRCUÍTO

Coa eiruga sempre nos divertimos. 
Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da famosa eiruga.
Subir, baixar, levantar os pés,  apartar coas mans... e abrirnos camiño cara o final do circuíto!
E por suposto... repetir!
 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.  


PEZAS TRASLÚCIDAS E LANTERNAS DE CORES

 Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas.  Na primeira atopamos unha instalación de piezas trasl...