viernes, 3 de febrero de 2023

CREAMOS NEVE.

 Xa que non a neve non ven a nós por estes lares decidimos facer a nosa propia neve más aulas. A receita é ben sinxela: bicarbonato e auga. 

Botamos o bicarbonato nunha bandexa ou tina e o seguinte paso é ir engadindo auga poco a pouco e remexer ata conseguir a textura desexada. 

Temos que dicir que nos quedou perfecta. Estaba fría como a de verdade e encantounos meter as mans, desfacer boliñas e ata puidemos facer un pequeno boneco de neve!

Algúns pasaríamos o día coas mans nesta neve tan divertida!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

jueves, 2 de febrero de 2023

A ROUPA DE INVERNO.

 Xogando, manipulando, observando son formas nas que coñecemos o mundo que nos rodea. Por iso poder ver, tocar e poñernos libremente prendas típicas do invierno nos axuda a aprender vocabulario como o nome das prendas, as partes do corpo onte se colocan... Ademais coñecemos novas texturas, cores, debuxos.... Sen falar do divertido que nos vemos!


Para ver mais fotos pinchade na imaxe.

miércoles, 1 de febrero de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 Este pasado luns día 30 de xaneiro festexamos o Día da Paz no cole. Dende os máis maiores ata os máis pequenos puxemos a nosa gotiña para o festexo deste día especial. 

Nas nosas aulas pintamos un símbolo da paz, participamos na festa e puxemos as nosas mans no mural que podedes ver estos días na entrada do cole. Porque xuntos construímos a paz!

Aquí vos deixamos un video coas actividades.




viernes, 27 de enero de 2023

INSTALACIÓN INVERNAL.

 Esta semana cando chegamos o cuberto atopámonos cunha bonita instalación chea de elementos invernais.

Alí estaban os dous esquíos Nim, ben abrigadiños coas súas bufandas,  esperando para vernos desfacer toda a instalación. Esta instalación tiña unha carga sensorial importante: Bolsas de calor, acumuladores de frío, roupa de inverno de lá, mantas suaviñas e bolas de algodón. Ademáis tiñamos pelotas azuis e moitos vasos e cubos azuis e brancos cos que fixemos trasvases.

Nas fotos podedes ver canto desfrutamos desta instalación invernal!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 20 de enero de 2023

BONECO DE ALGODÓN.

 Por aquí non temos a sorte de ver moita neve así que se queremos facer un boneco de neve temos que agudizar o inxenio e buscar unha forma de facelo.

De ahí esta actividade que, aínda que sinxela, lles encanta.

 Con forro transparente adhesivo e cartolina montamos o boneco, pero fáltalle a barriga que enchemos pegando moitas boliñas de algodón no forro transparente.

Traballamos así a motricidade fina e o vocabulario así como a parte sensorial notando a textura do algodón.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 13 de enero de 2023

FRÍO OU QUENTE?

 Coa chegada do inverno o noso esquío favorito, Nim, explicounos coa axuda do seu conto "¡El invierno ya está aquí!" que chegou o frío en todas partes.

Para comprender a diferenza entre frío e calor fixemos esta actividade usando bolsas de auga quente e bolsas de xeo. Tocando e manipulando puidemos ser conscientes.

Cada un de nós ten a súa preferenza en canto a que bolsa nos gusta máis pero, polo xeral, a bolsa fría ten máis adeptos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 9 de enero de 2023

ÁRBORE DE NADAL

Grazas as familias este Nadal puidemos ter unha árbore moi chula e especial. Na casa confeccionaron adornos que despois puxemos na árbore que pintamos entre as dúas aulas.

Aos nenos e nenas encántalles ver que o que pintaron e fixeron na casa únese para ter unha fermosa árbore de nadal!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



GRACIAS