Auga e sal, unha receita sinxela para unha actividade sensorial moi divertida.
Botamos o sal nunha bandexa, regamos cun pouquiño de auga ben fria, mesturamos e... neve!
Auga e sal, unha receita sinxela para unha actividade sensorial moi divertida.
Botamos o sal nunha bandexa, regamos cun pouquiño de auga ben fria, mesturamos e... neve!
O 30 de Xaneiro festexamos o Día Internacional da Paz.
Para recordar este día fixemos unhas coroas e unhas tarxetas moi especiais que mandaban unha mensaxe tamén moi especial "A paz comeza no teu corazón ".
E para disfrutar nada mellor que un bo baile!
Aquí vos deixamos un video e unhas fotos da celebración no cole.
Chegou o inverno!
E se por algo se caracteriza esta estación é pola chegada do frío. Os peques xa notan o cambio na rúa: veñen con gorros, chaquetas gordiñas, bufandas ou luvas...
Polo que non hai mellor época que esta para traballar, de maneira sensorial, a diferenza entre frío e quente.
Bolsa de auga quente, bolsiña de xel frío (saída directamente do conxelador) e as nosas mans. Non necesitamos nada máis que tocar e sentir a temperatura.
Se vos preguntades cal é a nosa bolsa favorita, podemos decirvos que a fría sempre ten máis éxito!
Outra das actividades de Nadal foi a de traballar motricidade fina e a coordinación ollo-man coa axuda duns arboriños de Nadal especiais (feitos con bandexas de ovos) e unha morea de pompóns de cores.
Cada peque decorou a súa arbore collendo cos dediños os pompóns e poñendoos nos buratiños da árbore. Así practicamos, xogando, o movemento da pinza cos dedos.
Os pequenos quixemos poñer a nosa parte na decoración de Nadal da entrada do cole. Entre todos pintamos as partes dunha árbore que, despois, montaron as profes.
Pola súa parte as familias foron traendo adornos para poñer cando chegara o momento e o resultado de tanto traballo deixounos moi contentos.
Cando a familia de "Casa do Neno" se une os resultados son preciosos! As cousas feitas con amor sempre lucen!
As cores, as luces, a música e outros moitos elementos do Nadal están presentes na nosa contorna estes días.
Con moitos destes elementos montamos unha provocación moi navideña. Texturas diferentes, elementos para facer trasvases, meter e sacar, disfrazarnos, e moitas outras actividades que saen desta provocación.
Aquí vos deixamos, para rematar o ano, unhas fotos desta actividade tan divertida.
Feliz aninovo!