viernes, 7 de junio de 2024

RECOÑECEMOS E CLASIFICAMOS FROITAS.

Con froitas de xoguete, aros e a nosa eiruga larpeira fixemos esta actividade tan chula.
Consistiu en camiñar ata o outro lado da aula para recoñecer a froita que pedía a eiruga, recollela e volver para darlla de comer.
Despois clasificámolas por cores e, para rematar, pasamos un ratiño divertido xogando con elas. 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


LIBERAMOS BOLBORETAS

 O outro día atopamos na aula unhas bolboretiñas atrapadas. 

Para axudalas tivemos que usar as nosas mans e os nosos dedos para, con paciencia, desenredar cada unha das bolboretas que despois descansaban sobre nós esperando ás súas compañeiras. E como  estaban atadas con trozos de lá, lazos e cordeis de diferentes materiais xogamos con texturas moi distintas.

Pouquiño a pouco todas quedaron liberadas e preparadas para poder voar!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 31 de mayo de 2024

COMO MEDRAN AS PLANTAS.

 Nada mellor para coñecer as necesidades das plantas que velo en directo.

Cun recipiente transparente, algodón, legumes e unhas gotiñas de auga podemos comprobar día a día a evolución do crecemento.

Todos os días saudamos as nosas plantiñas, vemos como comezan a saír as raíces e pouco a pouco o verde asoma e medra.

Botámoslle auga cando o necesitan e deixámolas tranquiliñas xunto a fiestra para que reciban a luz do sol ata que estén listas para levar para casiña.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 24 de mayo de 2024

PROVOCACIÓN PRIMAVERAL

 A natureza é unha gran fonte de estímulos para os nosos peques. Cada estación ofrece siferentes elementos que nos proporcionan oportunidades únicas para fomemtar o xogwo creativo e natural. E, como xa sabemos, a mellor forma de aprender e adquirir novas experiencias e capacidades é o xogo.

Neste caso presentamos unha provocacion pedagóxica chea de flores que nos ofrecían novos olores, diferentes cores,  texturas, tamaños...

A esto sumámoslle recipientes, tubos de cartón e algunhas palas, culleres e rastrelos que nos axudaron a incentivar o xogo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


jueves, 16 de mayo de 2024

AXUDAMOS A EIRUGA

 Esta eiruga ten moita, moita fame. Quere comer a todas horas e por iso decidimos axudarlle.

Pouco a pouco fumos introducindo na súa boca as froitas e, mentres tanto, repasamos vocabulario dunha forma divertida.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 6 de mayo de 2024

O MAIO

 

A semana pasada estivemos de festexo no cole.

Coma sempre, a principios do mes de maio, temos a "Festa dos Maios" coa que nos despedimos do inverno e damos a benvida a primavera.

Como todos os anos, e grazas a participación das familias que achegaron vexetación, puidemos decorar o noso maio. 

Por suposto, ao rematar de colocar todo, prestouse un baile arredor do noso maio.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 3 de mayo de 2024

INSTALACIÓN DA EIRUGA

 O pasado luns atopamos no cuberto unha instalación sobre a eiruga larpeira. 

Esta foi unha instalación cun montón de propostas motrices que nos encantou. Recorrimos as distintas fases unha e outra vez: túneles,  zona de saltos, golpear globos, pasar a través  de aros ou tiras de papel...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


GRACIAS