martes, 23 de julio de 2024

A PRAIA

Chegou o calor e nós temos unhas ganas enormes de disfrutar da praia e todo o que nos ofrece. Así que, mentres esperamos para poder ir, puidemos disfrutar dun pedaciño minúsculo de praia grazas a esta actividade.
Bandexas con area, pedras, cunchas e auga cristalina, pés descalzos e...a sentir! A area fina, as pedras duras, o relieve das cunchas e a temperatura refrescante da auga. 
Unha actividade sensorial que nos encantou!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe 

viernes, 12 de julio de 2024

PROVOCACIÓN CON PEZAS TRASLÚCIDAS.

Seguimos xogando na escuridade, esta vez, con unha provocación pedagóxica organizada con pezas traslúcidas. 

 Os xoguetes traslúcidos son pezas de diferemtes cores e formas que a luz traspasa creando efectos visuais únicos. 

Axudan a desenvolver habilidades sensoriais, cognitivas e motoras mentres exploran e xogan coa luz e as sombras estimulando, tamén, a curiosidade e a creatividade.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


viernes, 5 de julio de 2024

XOGAMOS NA ESCURIDADE

 Cando comezamos a programacion basada no conto de Hervé Tullet "Colores " pedimos as familias que cada neno e nena trouxera unha pequena lanterna para poder realizar actividades e propostas tan chulas coma esta.

Os xogos con lanterna, na escuridade, son ideais con nenos e nenas. Ofrecen unha motivación para explorar e descubrir o que nos rodea. Nesta ocasión as botellas con auga de cores e o espazo foron os elementos a investigar.

Primeiro usamos as lanternas para iluminar e poder observar todo, despois imos achegándonos e descubrindo que as botellas proxectan a cor no chan, nos teitos e nas paredes. Apilamos, xuntamos, movemos....

A nós a escuridade non nos da ningún medo!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 28 de junio de 2024

UNHA INSTALACIÓN BEN COLORIDA

 A última das nosas instalacións tratouse dunha serie de propostas cheas de cores.

Tiras de papeis, aros de cores, pelotas, vasos... moitas posibilidades que incentivaban o movemento e a creatividade. 

Coma sempre non deixamos nada no lugar no que estaba pero pasamos un tempo marabilloso entre cores.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 24 de junio de 2024

CACHARELA DE SAN XOAN

 Como marca a tradición hoxe saltamos a cacharela de San Xoán. A nosa cacharela non queima pero aínda así intentamos saltar sen tocala!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 21 de junio de 2024

AUGA DE CORES

O eixe central da nosa nova programación é o libro "Colores" do autor e ilustrador francés Hervé Tullet.
Neste libro un punto gris da partida a un montón de xogos de cores e así vai ser esta programación,  chea xogos de cores e luz.
Unha das actividades máis divertidas e sorprendentes é a de facer botellas de auga de cores que despois utilizaremos en outras actividades.
A actividade é moi, moi sinxela: unha botella baleira que enchemos de auga, un trociño de papel crepé que metemos dentro da botella e a sacudir! Cando vemos como a auga se comeza a tinguir a sorpresa e a alegría son maiúsculas.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 14 de junio de 2024

UNHA MOREA DE BOLAS.

 As sesións de psicomotricidade sempre son divertidas: circuitos, carreiras, xogos con pelotas, con aros, baile...

Aquí vos deixamos unha delas, que nos encantou.

Tiñamos que percorrer o cuberto, coller bolas da nosa piscina e correr de novo ata a outra punta para, pouco a pouco, encher o gran tubo vermello.

Cando estaba casi cheo levantamos o tubo e tódalas pelotas botaron a rodar e todas as direccións!

O seguinte paso foi correr detras delas para volver encher o tubo...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

GRACIAS