Esta noite é a noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia. E para festexalo no cole seguimos unha das súas tradicións... saltar a cacharela!
Pasámolo xenial e, aínda que algúns tocamos o lume non nos queimamos!
Feliz noite de San Xoán!
Esta noite é a noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia. E para festexalo no cole seguimos unha das súas tradicións... saltar a cacharela!
Pasámolo xenial e, aínda que algúns tocamos o lume non nos queimamos!
Feliz noite de San Xoán!
Esta é unha actividade que nos encanta. Ten todos os elementos que necesitamos para manternos atentos e expectantes.
Comezamos coa presentación de materiais: botellas baleiras, auga, papel crepé (pinocho) distintas cores.
De un en un imos poñendo un pouquiño de auga na botella, despois collimos un trociño de papel e metémolo pola boca da botella ata que cae na auga. O seguirte pasó, e o máis divertido de todos, é sacudir e mover a botella (xa tapada, por suposto)... e así sucede a maxia!
A auga, que antes era transparente, agora ten a cor do papel que metimos na botella!
Con este pequeno experimento conseguimos un material moi chulo co que faremos distintas actividades e que a eles lles encanta xa quearticiparon, de forma activa, na súa "fabricación".
Comezamos a nosa última programación deste curso collendo como punto de partida o conto "Colores" de Hervé Tullet. Un libro moi divertido, cheo de xogos que nos introduce no mundo das cores, da luz e da arte.
Para comezar a tomar contacto fixemos esta actividade sinxela pero divertida que nos axuda a introducir a escuridade e a ver cómo reaccionan os peques a ela. Nesta ocasión non houbo absolutamente ningún problema e as luces das lanternas movéndose polo espazo fixeron desta unha experiencia enriquecedora e motivadora.
Dentro da nosa programación sobre a primavera temos esta actividade que se desenrola ó longo de moitos días.
Grazas as nosas familias, que sempre colaboran con nós, e que trouxeron vasiños de plástico transparente, fabas e lentellas puidemos levala a cabo.
Comezamos metendo un pouco de algodón no noso vasiño. O seu tacto, as veces, non nos gusta pero conseguímolo igualmente.
Despois do algodón botamos no vasiño algunhas lentellas e dúas ou tres fabas e, para rematar, un pouquiño de auga.
Poñemos os vasiños diante da fiestra para que lles dé o soliño e despois toca esperar.
Día a día imos vendo como empezan a saír as raíces, medran, comeza a brotar algo verde e, cando nos damos conta, saen follas. E día a día botámoslles auga para que sigan medrando ata que as poidamos levar para casiña.
En todas as nosas programacións podemos disfrutar dalgunha instalación ou algunha provocación pedagóxica. A primavera non ía ser a excepción. O seu colorido e o seu cheiro chegaron ata a nosa escola.
Mediante esta provocación chea de flores puidemos observar e xogar con diferentes flores e follas de plantas. Collimos, cheiramos, rachamos, enchemos.... pero, sobre todo, disfrutamos!
Mañán, 17 de maio, a nosa comunidade está de festa polo Día das Letras Galegas Hoxe festexámolo no cole con música tradicional galega.
Primeiro montamos a nosa propia pandeiretada. As pandeiretas resoaron nas nosas aulas!
E despois, como recordo, pintamos unha pandeireta con ceras de cores mentras , de fondo, soaban muñeiras e pandeiretadas.
Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!