jueves, 25 de abril de 2024
VISITAS LECTORAS.
SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Este martes, 23 de abril, celebrouse o Día do Libro. Por este motivo no cole estamos a celebrar a Semana de animación á lectura. Baixo o lema "Entre letras e culturas" achegámonos ao mundo dos libros e contos. Un mundo máxico que nos atrae, transporta, ensina...
Aínda que a lectura está presente diariamente nas nosas aulas, esta semana estamos a facer actividades diferentes coas que gozamos dos libros.
viernes, 19 de abril de 2024
EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.
Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós.
Para coñecer esta estación tan colorida o esquío Nin trouxo a unha amiguiña pequena e tipica deste tempo. Falamos de "Unha eiruga moi larpeira" e, como o seu nome indica, esta eiruga ten moita fame. No conto podemos ver como a eiruga crece moito despois de comer e comer así que, para ver de primeira man como crece, fixemos este experimento.
Para comezar observamos que había moitas eirugas de cores. Eran pequenas e estaban quietiñas. Cun par de gotas de auga as eirugas crecían e movían un pouco o seu corpo. Quedamos abraiados!
Fumos moi pacientes esperando o noso turno e observamos como os compañeiros botaban a auga e como reaccionaban todas as eirugas.
viernes, 12 de abril de 2024
A SILUETA
viernes, 5 de abril de 2024
OS MEUS PÉS.
Seguimos a coñecer máis o noso corpo.
Desta vez os protagonistas foron os pés. Toda a semana estivemos descalzos: observando, tocando e sentindo os pés.
Cóxegas con pinceis, unha alfombra sensorial chea de diferentes texturas e un camiño de pintura polo que camiñamos, foron algunhas das actividades que nos acompañaron nesta ocasión.
martes, 26 de marzo de 2024
AS MIÑAS MANS
As nosas mans transmiten moitísima información. O sentido do tacto é un dos primeiros transmisores de experiencias e aprendizaxes que temos.
Mediante experiencias sensitivas, cancións e ditos populares estivemos a coñecer máis esta parte tan importante do noso corpo.
Entre as propostas desta semana especial tivemos novas bolsas sensoriais e unha caixa de tesouros coas que estimulamos o sentido do tacto.
Ademáis as familias tamén aportaron o seu graniño de area creando unhas magmificas mans decoradas que podemos ver todos os días na aula!
lunes, 25 de marzo de 2024
SAN XOSÉ
Este pasado venres tivemos festa no cole. Estivemos festexando o Día de San Xosé, o patrón do centro.
Tivemos unha bonita festa no patio e veu a visitarnos a nosa mascota, que se chama Pepe!
-
Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas. Na primeira atopamos unha instalación de piezas trasl...
-
Coa eiruga sempre nos divertimos. Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...







