viernes, 17 de marzo de 2023

AS MIÑAS MANS.

 Esta semana, seguindo coa nosa programación sobre o corpo, adicámola as nosas mans.

Xogos, ditos populares, cancións... 

Nunca tanto miramos para as nosas mans e todo o que con elas podemos facer.

Para comezar decoramos as nosas aulas con siluetas decoradas das nosas mans que nos fixeron chegar as familias. Agora podemos velas tódolos días.

Moitas grazas as nosas familias. As aulas quedaron moi chulas!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

Tamén estimulamos o sentido do tacto con bolsas sensoriais. Tiñan arroz, garabanzos, lentellas, pompones, espuma de afeitar...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

Outra das actividades coas que estimulamos o tacto foi a caixa dos tesouros. Meter a man nunha caixa e buscar ata dar cun obxecto foi moi divertido. Gafas, estropallo, plástico de burbullas fotón, entre outros, os encargados de dar distintas texturas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

O MAIO

  A semana pasada estivemos de festexo no cole. Coma sempre, a principios do mes de maio, temos a "Festa dos Maios" coa que nos de...