lunes, 6 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA.

 Durante esta semana traballamos no cole a Semana da Prensa e faremos actividades relacionadas coa prensa, no noso caso escrita.

Para comezar atopámonos no cuberto cunha instalación feita de papeis de xornal e presentados en varios formatos.

Tiñamos cadeas de follas colgantes, bolas de papel, abanicos, follas soltas e, como sorpresa, unha caixa escondida con moitas tiras de papel.

A todo esto engadimos vasos e caixas para facer trasvases.

Coma sempre non quedou nada en pé xa que o disfrutamos moitísimo! 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

O mércores atopámonos coa alfombra da clase empapelada con follas de xornal! Ao achegarnos puidemos ver que, entre as follas, había algunhas páxinas de revistas con fotos de animais. E, como a nós os animais nos gustan moito, andivemos na procura de tódalas fotos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

O venres outra instalación, pero desta vez algo diferente. O que tiñamos que facer era pegar e despegar bolas de papel na cinta de embalar. Acabaron as bolas desfeitase a cinta rota! Pero foi porque disfrutamos moito!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

Por último deixamos unhas fotos dos gorros que fixemos tras pintar as follas de xornal. Mirade que guapos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O MAIO

  A semana pasada estivemos de festexo no cole. Coma sempre, a principios do mes de maio, temos a "Festa dos Maios" coa que nos de...