viernes, 28 de junio de 2024

UNHA INSTALACIÓN BEN COLORIDA

 A última das nosas instalacións tratouse dunha serie de propostas cheas de cores.

Tiras de papeis, aros de cores, pelotas, vasos... moitas posibilidades que incentivaban o movemento e a creatividade. 

Coma sempre non deixamos nada no lugar no que estaba pero pasamos un tempo marabilloso entre cores.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 24 de junio de 2024

CACHARELA DE SAN XOAN

 Como marca a tradición hoxe saltamos a cacharela de San Xoán. A nosa cacharela non queima pero aínda así intentamos saltar sen tocala!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 21 de junio de 2024

AUGA DE CORES

O eixe central da nosa nova programación é o libro "Colores" do autor e ilustrador francés Hervé Tullet.
Neste libro un punto gris da partida a un montón de xogos de cores e así vai ser esta programación,  chea xogos de cores e luz.
Unha das actividades máis divertidas e sorprendentes é a de facer botellas de auga de cores que despois utilizaremos en outras actividades.
A actividade é moi, moi sinxela: unha botella baleira que enchemos de auga, un trociño de papel crepé que metemos dentro da botella e a sacudir! Cando vemos como a auga se comeza a tinguir a sorpresa e a alegría son maiúsculas.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 14 de junio de 2024

UNHA MOREA DE BOLAS.

 As sesións de psicomotricidade sempre son divertidas: circuitos, carreiras, xogos con pelotas, con aros, baile...

Aquí vos deixamos unha delas, que nos encantou.

Tiñamos que percorrer o cuberto, coller bolas da nosa piscina e correr de novo ata a outra punta para, pouco a pouco, encher o gran tubo vermello.

Cando estaba casi cheo levantamos o tubo e tódalas pelotas botaron a rodar e todas as direccións!

O seguinte paso foi correr detras delas para volver encher o tubo...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

viernes, 7 de junio de 2024

RECOÑECEMOS E CLASIFICAMOS FROITAS.

Con froitas de xoguete, aros e a nosa eiruga larpeira fixemos esta actividade tan chula.
Consistiu en camiñar ata o outro lado da aula para recoñecer a froita que pedía a eiruga, recollela e volver para darlla de comer.
Despois clasificámolas por cores e, para rematar, pasamos un ratiño divertido xogando con elas. 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


LIBERAMOS BOLBORETAS

 O outro día atopamos na aula unhas bolboretiñas atrapadas. 

Para axudalas tivemos que usar as nosas mans e os nosos dedos para, con paciencia, desenredar cada unha das bolboretas que despois descansaban sobre nós esperando ás súas compañeiras. E como  estaban atadas con trozos de lá, lazos e cordeis de diferentes materiais xogamos con texturas moi distintas.

Pouquiño a pouco todas quedaron liberadas e preparadas para poder voar!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



NOVO CURSO CARGADO DE ILUSIÓN!

 O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso. Comezamos cargados de ilusión...