Así de divertidas son as sesións de psicomotricidade en Nadal.
Pandeiretas, axóuxeres e maracas para marcar o ritmo do "burrito sabanero " con alegría, risas e, sobre todo, moito ruido!
Así de divertidas son as sesións de psicomotricidade en Nadal.
Pandeiretas, axóuxeres e maracas para marcar o ritmo do "burrito sabanero " con alegría, risas e, sobre todo, moito ruido!
Hoxe tivemos unha visita moi especial.
A súa maxestade de Oriente, o Rei Melchor, achegouse ata o cole para saudarnos.
Un día diferente que nos achega a maxia do Nadal!
Nestas datas todo se enche de cor.
A nosa sesión de psicomotricidade tamén se tinguiu de cores.
Atopamos na aula unha árbore colorida que tiña moitos buratos. Por eses buratos tivemos que meter pelotas de cores ata encher o baúl que tiña debaixo.
Cando o enchimos a seguinte actividade foi tirar todas as pelotas, correr para collelas e, pouco a pouco, ir enchendo de novo o baúl metendo as pelotas nos buratos da árbore.
Pasámolo xenial!
Todos os que temos animais pretiño trouxemos fotos e algúns datos para que os compañeiros puideran coñecelos.
Agora, na parede da aula, temos a Trasto, Iris, Dana, Nemo, Nala e outros a quenes podemos ver todos os dias. Sinalamos, dicimos o seu nome, facemos o seu son...
Quedamos encantados deste rinconciño que ten aos nosos amigos favoritos!
Cando o Polo Pepe chegou o cole prometeu ensinarnos cousas dos animais que o acompañan na granxa.
Despois de varias actividades fixemos este muralque colocamos na aula para que os nenos e nenas teñan acceso a el. Mentras a facíamos traballamos , entre outras cousas, o vocabulario.
Agora temos un rinconciño na clase moi agaradable a onde nos achegamos tódolos dias para sinalar, nomear e facer onomatopeias.
Como xa sabemos o Polo Pepe come moito, pero moito, moito.
E nós axudámoslle a comer meténdolle grans de millo no seu pico.
Primeiro desgranamos o millo, tivemos que facer forza cos dedos para que se soltaran. E despois cos nosos dediños fixemos o movemento da pinza para agarrar o gran e tivemos que concentrarnos para conseguir metelo polo buratiño.
Gustounos tanto que empachamos o pobre Pepe!