viernes, 14 de febrero de 2025

DÍA DO AMOR!

 Hoxe, 14 de febreiro, é o Día dos Namorados e non podemos deixa de celebrar nunca o amor. Porque nós sentimos amor, e moito!

Como recordo fixemos uns corazóns e na aula contamos os contos "Papá dice" e "Adivina cuánto te quiero". Por ultimo, e xa para festexar, bailamos a canción "Eu teño alguén". 💖

Pasámolo xenial!

Feliz día do Amor!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 7 de febrero de 2025

CHEGOU A NEVE!

 Sempre que falamos do inverno falamos de frío e neve pero como poucas veces pode os ver neve decidimos facer nós a nosa propia neve. 

Hay varias formas de facela pero, se queredes probar, con bicarbonato (ou sal) e un chisco de auga fría sae unha neve moi convincente. O truco está en ir botando a auga sobre o bicarbonato ou sal despaciño para ir comprobando a textura. Unha vez que a colle a consistencia xa podemos xogar! 

A veces ocurre que a textura non lle gusta a algúns peques e só se atreven a tocar ou xogan pouco tempo pero se lles gusta poden pasar moitísimo tempo xogando e disfrutando desta actividade experimental e manipulativa.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ 2025

 Hoxe, xoves 30 de Xaneiro, festexamos o Día escolar da Non Violencia e da Paz.

Non entendemos aínda o concepto da Paz pero sí sabemos que os sorrisos se contaxian e que cando sorrimos estamos contentos e non pelexamos. 

Así que hoxe poñemos os nosos sorrisos máis bonitos para desexar que se acaben as pelexas e, como o que máis nos gusta é movernos, nada mellor que un baile a ritmo de "Sonríe" de Rosana. 

Feliz Día da Paz a todos!

Pinchade para ver.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 24 de enero de 2025

COMO NOS VESTIMOS NO INVERNO?

 Coa chegada do frío a nosa forma de vestir cambia. 

Pasamos de saír da casa cunha chaqueta a saír con abrigo, gorro, luvas... para que o frío non nos afecte.

O outro día Nin apareceu na clase cunhas bolsas cheas de roupa invernal que non dudamos en manipular e vestir as prendas. 

Gorros, bufandas, luvas, mantas, chaquetas... con diferentes cores y texturas que nos axudaron tamén a repasar vocabulario.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 17 de enero de 2025

SENTIMOS CALOR E FRIO

 Chegou o inverno.

As árbores xa non teñen follas, os paxaros marcharon a sitios máis quentes e... ¡Vai un frío!

Para axudar a entender mellor a diferencia entre frío e calor preparamos unhas botellas sensoriais diferentes. 

Nunha puxemos agua quente e na outra puxemos auga fria cun cubos de xeo. Para facelas máis atractivas añadimos unha gotiña de colorante vermello na quente e unha gotiña azul na fría.

Mediante a manipulación das botellas conseguimos sentir nas nosas mans e corpo o frío e o calor.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 3 de enero de 2025

OS CATÁLOGOS DAN XOGO

 Estes días aproveitamos os diferentes catálogos que atopamos para crear actividades diferentes. Mediante a visualización destas revistas podemos traballar o vocabulario e tamén facer actividades que estimulen a imaxinación así como motivan a motricidade fina. 

Unha folla de catálogo pode convertirse nun sombreiro, unha manta ou tamén unha pelota, entre outras moitas cousas. E se rasgamos cos nosos dediños o papel podemos facer unha festa moi divertida chea de "papeluchos" que podemos lanzar e facer voar soprando. Despois recollemos con moito tino os trociños para volver a lanzalos, unha e otra vez.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




lunes, 23 de diciembre de 2024

TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA

O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Actividades vistosas e coloridas axudan a motivar os nenos e nenas para asumir novos retos.
Neste Nadal  utilizamos varios recursos que nos axudan a coller forza nas mans e destreza nos movementos mellorando tamén a coordinación. Ademáis traballamos a maiores a capacidade da espera e o respeto polo traballo dos compañeiros.
Unha árbore con tapóns para desenroscar, bolsas sensoriais con motivos navideños, pompóns para decorar e outra árbore na que insertar unhas pecuriales luces, foron algunhas destas actividades.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


GRACIAS