viernes, 22 de septiembre de 2023

COMEZAMOS CON ILUSIÓN O NOVO CURSO!

 Comezou un novo curso. Volvemos a vernos e a abrazarnos pero tamén coñecemos novas caras.

As aulas reciben os primeiros sorrisos e os primeiros xogos deste novo curso.  Xogamos con xoguetes novos, observamos o novo ambiente e os novos compañeiros, coñecemos tamén as profes. E así, pouco a pouco, van pasando os primeiros días. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 31 de julio de 2023

FESTEXAMOS O FIN DE CURSO!

 Hoxe é un día especial!

Chegamos al final deste curso, cheo de risas, descubrimentos, moito cariño, amizade e mil cousas máis. 

E, como non podía ser doutra maneira,  este é un enorme motivo para festexar. 

Ímonos a botar en falta así que, para despedirnos, desfrutamos a tope dunha pequena festa con música, pompas, un pequeno piscolabis e, sobre todo, moi boa compañía!

As profes amenizaron a festa e pasámolo xenial!

GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA CONFIANZA E CARIÑO. VÉMONOS A VOLTA!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 28 de julio de 2023

PEIXIÑOS DE CORES.

 Entre todas as botellas sensoriais do verán temos unha especial. 

Ten uns pequenos peixiños nadando nunha auga azul. Os peixes suben e baixan así como imos movendo a botella. 

E como nos gusta moito fixemos a nosa versión mini. Botamos unha gotiña de colorante na auga e axitamos ben a botella para que toda a auga quede tinguida. Despois metemos os nosos peixiños polo burato da botella. Temos que estar atentos para que entren!

Cando acabamos, pechamos ben a botella e... xa temos unha fermosa peixeira! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 24 de julio de 2023

A NOSA PRAIA.

 Cando chega o calor o corpo pide sol, area e.... praia! 

A praia é un entorno cheo de estímulos. Area, auga, conchas e pedras son elementos que estimulan os sentidos dos pequenos e favorecen o aprendizaxe de novo vocabulario. 

Nas nosas clases apareceron estes elementos que puidemos observar e manipular, notando as diferentes texturas, temperaturas e adquirindo vocabulario veraniego.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 21 de julio de 2023

PARACAÍDAS.

 O outro día as profes sacaron unha bolsa de tea azul e preguntaron se sabíamos o que tiña dentro. Algún de nós contestou que pensaba que había moedas, pero a bolsa non facía ruido de moedas ao axitala.

Pouco a pouco foron abrindo a bolsa deixando ver un enorme paracaídas de cores. 

Entre todos agarramos o paracaídas e comezamos a movelo. Primeiro suavemente, despois moi rápido e forte, arriba, abaixo e por último as profes levantaron tanto o paracaídas que nos escondemos debaixo!

Foi moi, moi divertido!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


CARREIRAS, BAILE E FESTA CON CINTAS DE CORES

 Cando fixemos a instalación de "Colores" quedaron moitas cintas de cores en bo estado e que se podían reutilizar. As profes tardaron nunha bolsiña todas coa idea de usa las nestes días de verán. Cuberto, cintas e música fan un bo tándem para pasalo ben! Primeiro carreiras. Movendo as cintas, vendo como ondean... Despois baile...

 E para o día seguinte transformamos as cintas en trociños de papel para facer unha festa! Recollemos moitos papeis coas mans e... Un, dous tres! Arriba! Que risas cando nos caen pola cabeza. Despois axudámonos cun vaso... Un, dous, tres! Outra vez voan papeis! E cun tubo de cartón facemos un cañón! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 14 de julio de 2023

AS BOTELLAS AO SOL.

 Entre as actividades que facemos nestes días de verán atopamos diferentes propostas de xogo. Unha delas foi a que fixemos o pasado luns, cando atopamos as nosas botellas con auga de cores no parque (na zona de sol). 

Observando démonos conta de que o sol facía que se reflexaran no chan. E xogando con elas descubrimos que tamén nas mans, pero temos que colocalas dunha determinada maneira. 

Fixemos filas, intentamos facer torres, fixémolas rodar...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


GRACIAS