jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ 2025

 Hoxe, xoves 30 de Xaneiro, festexamos o Día escolar da Non Violencia e da Paz.

Non entendemos aínda o concepto da Paz pero sí sabemos que os sorrisos se contaxian e que cando sorrimos estamos contentos e non pelexamos. 

Así que hoxe poñemos os nosos sorrisos máis bonitos para desexar que se acaben as pelexas e, como o que máis nos gusta é movernos, nada mellor que un baile a ritmo de "Sonríe" de Rosana. 

Feliz Día da Paz a todos!

Pinchade para ver.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 24 de enero de 2025

COMO NOS VESTIMOS NO INVERNO?

 Coa chegada do frío a nosa forma de vestir cambia. 

Pasamos de saír da casa cunha chaqueta a saír con abrigo, gorro, luvas... para que o frío non nos afecte.

O outro día Nin apareceu na clase cunhas bolsas cheas de roupa invernal que non dudamos en manipular e vestir as prendas. 

Gorros, bufandas, luvas, mantas, chaquetas... con diferentes cores y texturas que nos axudaron tamén a repasar vocabulario.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 17 de enero de 2025

SENTIMOS CALOR E FRIO

 Chegou o inverno.

As árbores xa non teñen follas, os paxaros marcharon a sitios máis quentes e... ¡Vai un frío!

Para axudar a entender mellor a diferencia entre frío e calor preparamos unhas botellas sensoriais diferentes. 

Nunha puxemos agua quente e na outra puxemos auga fria cun cubos de xeo. Para facelas máis atractivas añadimos unha gotiña de colorante vermello na quente e unha gotiña azul na fría.

Mediante a manipulación das botellas conseguimos sentir nas nosas mans e corpo o frío e o calor.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 3 de enero de 2025

OS CATÁLOGOS DAN XOGO

 Estes días aproveitamos os diferentes catálogos que atopamos para crear actividades diferentes. Mediante a visualización destas revistas podemos traballar o vocabulario e tamén facer actividades que estimulen a imaxinación así como motivan a motricidade fina. 

Unha folla de catálogo pode convertirse nun sombreiro, unha manta ou tamén unha pelota, entre outras moitas cousas. E se rasgamos cos nosos dediños o papel podemos facer unha festa moi divertida chea de "papeluchos" que podemos lanzar e facer voar soprando. Despois recollemos con moito tino os trociños para volver a lanzalos, unha e otra vez.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




lunes, 23 de diciembre de 2024

TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA

O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Actividades vistosas e coloridas axudan a motivar os nenos e nenas para asumir novos retos.
Neste Nadal  utilizamos varios recursos que nos axudan a coller forza nas mans e destreza nos movementos mellorando tamén a coordinación. Ademáis traballamos a maiores a capacidade da espera e o respeto polo traballo dos compañeiros.
Unha árbore con tapóns para desenroscar, bolsas sensoriais con motivos navideños, pompóns para decorar e outra árbore na que insertar unhas pecuriales luces, foron algunhas destas actividades.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 20 de diciembre de 2024

PROVOCACIÓN DE NADAL

 Fai uns días atopamos no cuberto a nosa tradicional provocación pedagóxica de Nadal.

Cunha presentación moi vistosa e colorida puidemos xogar con diferentes elementos de Nadal. O conxunto ofrecía estímulos visuais e táctiles con diferentes texturas como por ejemplo o espumillón, as bolas lisas ou con brillo, o gorro de Papá Noel suave, os sacos cunha tea máis áspera... Tamén ofrecía a posibilidade de facer trasvases ou simplemente encher  e valeirar. E ademáis quedaba a posibilidade de usar a nosa imaxinación, posibilidade que, por suposto, usamos.

Cuando chegamos había unha imitación a unha árbore de Nadal, cando rematamos non quedaba rastro del, o que significa que gozamos moito con esta actividade.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


miércoles, 18 de diciembre de 2024

A VISITA MÁIS ESPECIAL.

 Onte tivemos unha visita máxica no cole. A súa maxestade, o Rei Mago de Oriente, Gapar acudiu as nosas aulas para traernos un pouquiño da maxia do Nadal.

Foi moi respetuoso cos nosos peques, esperou a unha distancia prudencial a que eles se achegasen e quedouse un ratiño con nós.  E case todos se atreveron!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


GRACIAS