jueves, 30 de enero de 2025

DÍA DA PAZ 2025

 Hoxe, xoves 30 de Xaneiro, festexamos o Día escolar da Non Violencia e da Paz.

Non entendemos aínda o concepto da Paz pero sí sabemos que os sorrisos se contaxian e que cando sorrimos estamos contentos e non pelexamos. 

Así que hoxe poñemos os nosos sorrisos máis bonitos para desexar que se acaben as pelexas e, como o que máis nos gusta é movernos, nada mellor que un baile a ritmo de "Sonríe" de Rosana. 

Feliz Día da Paz a todos!

Pinchade para ver.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 24 de enero de 2025

COMO NOS VESTIMOS NO INVERNO?

 Coa chegada do frío a nosa forma de vestir cambia. 

Pasamos de saír da casa cunha chaqueta a saír con abrigo, gorro, luvas... para que o frío non nos afecte.

O outro día Nin apareceu na clase cunhas bolsas cheas de roupa invernal que non dudamos en manipular e vestir as prendas. 

Gorros, bufandas, luvas, mantas, chaquetas... con diferentes cores y texturas que nos axudaron tamén a repasar vocabulario.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 17 de enero de 2025

SENTIMOS CALOR E FRIO

 Chegou o inverno.

As árbores xa non teñen follas, os paxaros marcharon a sitios máis quentes e... ¡Vai un frío!

Para axudar a entender mellor a diferencia entre frío e calor preparamos unhas botellas sensoriais diferentes. 

Nunha puxemos agua quente e na outra puxemos auga fria cun cubos de xeo. Para facelas máis atractivas añadimos unha gotiña de colorante vermello na quente e unha gotiña azul na fría.

Mediante a manipulación das botellas conseguimos sentir nas nosas mans e corpo o frío e o calor.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 3 de enero de 2025

OS CATÁLOGOS DAN XOGO

 Estes días aproveitamos os diferentes catálogos que atopamos para crear actividades diferentes. Mediante a visualización destas revistas podemos traballar o vocabulario e tamén facer actividades que estimulen a imaxinación así como motivan a motricidade fina. 

Unha folla de catálogo pode convertirse nun sombreiro, unha manta ou tamén unha pelota, entre outras moitas cousas. E se rasgamos cos nosos dediños o papel podemos facer unha festa moi divertida chea de "papeluchos" que podemos lanzar e facer voar soprando. Despois recollemos con moito tino os trociños para volver a lanzalos, unha e otra vez.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




AS MIÑAS MANS

 Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación,  diferentes cancións, bolsas ...