viernes, 31 de marzo de 2023
A SILUETA.
martes, 28 de marzo de 2023
OS MEUS PÉS.
Esta semana estivo adicada a unha parte moi importante do noso corpo, os nosos pés.
Cada día tivemos unha actividade relacionada con eles e pasamos moito, moito tempo cos pés descalzos, o cal nos fixo moita gracia o principio.
Estivemos a velos e tocalos, pasamos unha alfombra sensorial, puxemos a nosa pegada para facer unha manualidade e fixemos "masaxes" cheos de cóxegas...
Os pés lévannos a moitos lugares, teñen unha gran cantidade de terminacións nerviosas que nos dan moita información e con eles podemos camiñar, correr, saltar, etc.
viernes, 24 de marzo de 2023
FESTEXAMOS O DÍA DO NOSO PATRÓN, SAN JOSÉ.
Hoxe estamos de festa grande en Casa do Neno!
Festexamos o Día de San José, o noso patrón!
Para recordar este día fixemos uns San José coas nosas pegadas e, para decorar a entrada do cole, participamos, con todos os nenos e nenas do primeiro ciclo, nun mural moi chulo que enchemos coas huellas das nosas mans.
Foi un día moi especial, cheo de sorpresas, música, baile, globos e moita diversión!
miércoles, 22 de marzo de 2023
DÍA DO SÍNDROME DE DOWN.
Este martes 21 foi o Día do Síndrome de Down. Para conmemorar esta importante día viñemos o cole con calcetíns diferentes, porque todos somos iguais aínda que todos somos diferentes. Menudas risas o descalzarnos e atopar cada pé diferente!
viernes, 17 de marzo de 2023
AS MIÑAS MANS.
Esta semana, seguindo coa nosa programación sobre o corpo, adicámola as nosas mans.
Xogos, ditos populares, cancións...
Nunca tanto miramos para as nosas mans e todo o que con elas podemos facer.
Para comezar decoramos as nosas aulas con siluetas decoradas das nosas mans que nos fixeron chegar as familias. Agora podemos velas tódolos días.
Moitas grazas as nosas familias. As aulas quedaron moi chulas!
lunes, 6 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA.
Durante esta semana traballamos no cole a Semana da Prensa e faremos actividades relacionadas coa prensa, no noso caso escrita.
Para comezar atopámonos no cuberto cunha instalación feita de papeis de xornal e presentados en varios formatos.
Tiñamos cadeas de follas colgantes, bolas de papel, abanicos, follas soltas e, como sorpresa, unha caixa escondida con moitas tiras de papel.
A todo esto engadimos vasos e caixas para facer trasvases.
Coma sempre non quedou nada en pé xa que o disfrutamos moitísimo!
viernes, 3 de marzo de 2023
CABEZA E CARA.
Este luns comezamos unha nova programación, coa que imos a traballar o corpo.
Esta semana adicámola a cabeza e a cara.
Comezamos lendo o conto "Aquiles, o puntiño" e con el fumos vendo como Aquiles ía conseguindo ollos, boca, nariz, orellas e outras partes do corpo. Tamén cantamos cancións sobre a cara e as súas partes procurando sinalar cada unha delas.
Vimos as nosas caras en fotos que manipulamos sinalando tamén partes da cara, usamos espello para vernos, imitamos coas nosas caras distintas emocións e, para rematar e relaxarnos, disfrutamos dunha masaxe facial gracias a uns pinceis moi suaves.
Algún de nós case queda durmidiño do ben que estaba!
AS MIÑAS MANS
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...

-
Xa chegou de novo! A nosa Meca, coma sempre, ven mandona. Estes días viñemos ataviados con diferentes accesorios que causaron risas e sorpr...
-
O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Activi...
-
O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso. Comezamos cargados de ilusión...